Saltar ao contido

Álvaro Muñiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁlvaro Muñiz

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de decembro de 1981 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de rally Editar o valor en Wikidata
Deporterally Editar o valor en Wikidata

Álvaro Muñiz Mora nado na Coruña o 17 de decembro de 1981, é un piloto de rally que compite no Campionato de Galicia de Rallys e no Campionato de España. Álvaro é neto e sobriño de pilotos. O seu tío José Mora foi campión galego en 1985 e 1986.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou con sete anos participando no mundo do radio control, e logrou varios títulos en competicións rexionais, nacionais e internacionais.[1]

Con 17 anos iniciouse no motociclismo, e no seu primeiro ano logrou varios podios no campionato galego. Un ano despois decidiu saltar ao automobilismo e fixo o seu debut no Rally do Lacón de 2001 cun Fiat Punto. No 2002 participou na Copa Fiat Punto, o que lle permitiu afrontar o campionato de España nun Punto de Grupo A na tempada 2003. Nos anos seguintes disputou a Copa Citroën C2 e no 2006 fíxose co seu primeiro coche de tracción as catro rodas, un Mitsubishi Lancer Evolution VII.[1]

No 2007 fixo o debut no Campionato do Mundo ao participar no Rally de Cataluña, onde rematou 38º cun Mitsubitshi Evo IX.[2] No 2009 fichou polo Nupel Rally Team onde compite cun Mitsubishi Lancer Evo X no campionato de España para logo debutar cun Ford Fiesta R2. En 2010 correu cun Ford Fiesta S2000, e tras desfacerse o equipo fíxose cun Citroën C2 R2 Max.[1]

No 2011 pasou a formar parte do equipo de Sergio Vallejo, e correu o campionato de España cun Lotus Exige, co que conseguiu o seu primeiro podio nacional no Rally RACE Comunidad de Madrid.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  • Campión de España de Terra Producción, 2008.
  • Campión Galego de Karting, 2007 e 2008.
  • Campión Galego de Resistencia Karting 2005.

Resultados Campionato de España

[editar | editar a fonte]
Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 Posición Puntos
2011 Lotus Exige FRR
?
VLL
5
SRM
Ret
RCM
2
14º 53

Resultados Campionato galego

[editar | editar a fonte]
Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Posición Puntos
2006 ? Mitsubishi Lancer Evo VII COC
3
RDN
ALB
NAR
CON
BXL
LAC
LUG
BOT
? ?
2007 ? Mitsubishi Lancer Evo IX COC
RDN
ALB
NAR
CON
Ret
LUG
BXL
BOT
? ?
2009 Escudería Ourense Mitsubishi Lancer Evo X CDU
COC
RDN
ALB
CDN
SDC
LUG
4
OBL
BOT
? ?
2011 ? Lotus Exige GT COC
RDN
CDU
CDN
SDC
LUG
6
OBL
SDG
BOT
? ?
2012 GT 17 Lotus Exige GT COC
3
RDN
3
ULL
CDN
4
SDC
Ret
LUG
Ret
RBS
BOT
Ret
543
2014 Escudería Rias Baixas Seat Ibiza SC Trophy RDC
RDN
BOT
Ret
CDN
SDC
ULL
LUG
RBS
TVA
- 0

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]